PRESENTACIÓN XIZC RdV_11_04_2011

Como parte do traballo para a asignatura de  Xestión Integrada, pomos á vósa disposición neste  blog  un ensaio de proposta de Xestión Integrada da Zona Costeira, aplicada no caso da Ría de Vigo, a modo de fase de piloto.

O propio blog  constitúe en boa medida o traballo e a elaboración de contidos temáticos revisados, os cales foron analisados e tratados para elaborar a proposta.

Como podedes ver nas pestanas-menú, estruturamos a info en 7 apartados temáticas ou aspectos estudados na XIZC. O desenlace do traballo é a Proposta final de desenvolvemento dunha “Estratexia XIZC e Plano de Acción na Ría de Vigo”, presentada como unha folla de ruta a seguir para o deseño da súa arquitectura e o protocolo de posta en marcha. Agardamos que gostedes e, se cadra, discrepedes, para poder manter un que, seguro,  interesante troco de pareceres ao respeito.

Sen máis, fica aberto o blog, fica encetada a discusión.




Advertisements
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario