Proposta de Estratexia XIZC – RdV.
Proposta de Estratexia XIZC – RdV.
Antecedentes e Escenario inicial
Ao longo da elaboración da caracterización e diagnóstico previo da zona a estudo (Ría de Vigo) detectáronse unha serie de problemas ambientais que afectan as augas e a zona costeira da Ría, e que son principalmente os seguintes:
– Contaminación química e degradación da calidade das augas
– Alteración medio físico: da franxa litoral, dos fondos mariños, de hábitats de interese…
– Sobreexplotación dos recursos biolóxicos en determinadas pesquerías ou actividades marisqueiras.
– Introducción de especies foráneas e especies invasoras: sargasum, “carpobrotus”, peixes de latitudes meridionais, etc..
– Transformación da paisaxe: perda do valor patrimonial natural e cultural por transformacións severas do espacio por infraestruturas portuarias, viarias, urbanizacións, etc.
Estes problemas e os seus efectos ecolóxico-ambientais sobre o medio mariño e costeiro están relacionados entre si e, ao longo dos anos, non se consegue darlle una solución integrada tanto preventiva como mitigadora con posterioridade a que se deran os episodios de alteración ambiental. Esa carencia de visión ecosistémica e integrada deste espazo é debido a unha serie de factores ou eivas tales como:
– Unha política e unha lexislación sectorial inadecuada e pouco coordinada que foron a cotío contrarias aos intereses a longo prazo da xestión sostible das zonas costeiras, a esto contribúen os ríxidos sistemas burocráticos
– As iniciativas locais na xestión sostible das costas carecen dos recursos adecuados e do apoio político dos niveis administrativos superiores, limitando a creatividade e adaptabilidade local.
– Excesiva sectorialización e illamento do estudo-análise e regulamento das actividades na costa (pesca, urbanismo, industria, acuicultura, navegación marítima, etc…).
– Falla dunha visión integrada da Unidade de Xestión: ambiental, social e económica. Desenvolvemento Sustentable.
– Inexistencia dun organismo de xestión coordinación de toda información científica dispoñible e de análise das políticas existentes na materia.
– Descoñecemento do termo e do concepto XIZC, tanto na Administración como na sociedade en xeral, esto implica unha carencia de Estratexias XIZC e de accións coordinadas.
A ocorrencia destes problemas de xestión nas zonas costeiras ou, máis ben, de falla de xestión planificada e integrada, comezou a xerar conflitos entre os axentes e protagonistas das diferentes actividades e usos que converxen no litoral. Desencontros e enfrontamento de intereses diversos que non fixeron máis que empeorar a situación ambiental e impedir a posta en marcha de medidas dirixidas a unha planificación do territorio e dos usos que nel se deberán dar sen ocasionar danos ao ambiente e sen privar o aproveitamento público e colectivo.
Necesidade dunha XIZC.
Por tanto, estamos ante un escenario onde conflúen distintos usos, actividades, intereses (pesca, marisqueo, actividade industrial e fabril, infraestrutura civil marítima e industrial, actividades de lecer, espazos de interese ecolóxico, etc.), axentes, administracións e políticas, con modus operandi diversos e, frecuentemente centradas en aspectos sectoriais que non procuran a harmonización entre actores e utilización dos recurso (o espazo e os recursos biolóxicos principalmente). Se o que procuramos para a nosa costa é dispor dun ecosistema multifuncional en clave produtiva e de usos, cómpre acometer, sen demora, estratexias de xestión integrada da zona costeira, tal e como xa se vén facendo noutros países do noso contorno socio-político. Hoxe en día, a xestión do espazo marítimo-terrestre da ría non se pode ver de forma unidireccional e illada da contorna xeomorfolóxica e socioeconómica na que está inmersa.
A XIZC (Integrated Coastal Zone Management-IZCM) é un proceso continuo e dinámico, que une o goberno e a comunidade, á ciencia e a xestión, intereses sectoriais e públicos na preparación e execución dun plan integrado para a protección e o desenrolo dos ecosistemas costeiros e os recursos ” [GESAMP- ONU,1997].
Obxectivos.
O obxectivo xeral:
Deseñar un Plan de Acción para a implementación dunha Estratexia Galega de XIZC, mediante a creación dunha lei ad hoc e unha Axencia Litoral que a xestione, inicialmente no ámbito da Ría de Vigo a modo de fase piloto que se pode aplicar ao resto da Comunidade Autónoma.
Obxectivos específicos:
Mediante os que:
– Deseño e aprobación da Lei Estratexia XIZC Galicia + Axencia Litoral.
– Establecer un marco estable de coordinación e cooperación de institucións, empresas e a participación social no proceso de toma de decisións que afecten a franxa marítimo-terrestre da Ría de Vigo, conforme á lexislación de aplicación en materia de costas, de urbanismo, ordenación do territorio e do litoral e de conservación da natureza.
– Recompilación e manexo da información multidisciplinar en base á cal establecer un diagnóstico do medio (ambiente, social, económico), que permita a adopción das opcións más sostibles en materia de XIZC.
– Promover as boas prácticas de xestión ambiental nos sectores produtivos do ámbito costeiro e mariño contribuíndo positivamente ás políticas de desenrolo sustentable na Ría de Vigo
– Avanzar na conservación, restauración e mellora do medio e dos recursos naturais.
Estratexia XIZC e Plano de Acción. Folla de ruta.
Fase previa.
Consiste en establecer un pre-acordo e deseño da colaboración entre as Administracións competentes galega e española. De entrada, estará formada por dúas Comisións ou grupos de traballo:
Comisión 1: Representantes políticos e unha equipa técnica xurídico das repeitivas administracións:
– Adm.Galega:Consellería do Mar; Consellería de Medioambiente, Infraestructuras e Territorio;
– Adm. Española): MARM (S.X para o Territorio e a Biodiversidade; D.X de Costas).
Estes Departamentos reúnen todos aqueles Organismos directamente implicados na xestión do territorio, do urbanismo, das augas e da natureza, así como o regulamento dos usos e a capacidade de planificación e ordenación neses espazos.
Comisión 2: Equipo técnico científico, formado por un grupo interdisciplinar de apoio técnico con funcións de asesoramento á parte político-lexislativa, en campos como a pesca, o desenvolvemento urbanístico, as ciencias do mar, arquitectura e paisaxismo, enxeñería civil, asuntos marítimos, etc.
As Institucións-centros asesores – Apoio de persoal técnico expertos de:
Observatorio Litoral UDC + Cetmar + Intecmar + CIMA + IIM + IEO + Universidades + Augas de Galicia + UTPB-CdoMar + 2 Expertos de países con éxito na aplicación da XIZC.
De forma provisoria, nesta fase vaise definir un documento inicial a modo de rascuño (borrador) de Estratexia Galega para a XIZC e os Eixos de accións principal, indicando obxectivos, contidos, plan de acción e proposta final, de forma esquemática, para ser presentada á sociedade e aos stakeholders. Deberá conter os principios xenéricos., obxectivos e as fases conducintes á elaboración dunha Lei-Estratexia XIZC, a cal leva implícita a creación da Axencia Litoral-RdV, como “Órgano Xestor” competente na XIZC da Ría de Vigo.
A efectos operativos desta presentación, aquí indicámolo como Fase, aínda que é exposta máis adiante no apartado de Definición da Estratexia XIZC
Esta Estratexia Galega XIZC está baseda nos principios emanados da Recomendación Europea e da Estratexia Española no ámbito da XIZC.
Principio xeral da XIZC (Comisión Europea – Com. doc. 547)
A XIZC é un proceso dinámico, pluridisciplinario e iterativo destinado a fomentar o desenvolvemento sustentable das zonas costeiras. Abrangue todo un ciclo que inclúe a recopilación de información, a planificación (en senso amplo), a toma de decisións, a xestión e mais o control da aplicación. A XIZC recorre á participación informada e á cooperación de todas as partes interesadas para avaliar os obxetivos sociais dunha zona costeira determinada e adoptar as medidas oportunas. A XIZC propón equilibrar, a longo prazo, os obxetivos ambientais, económicos, sociais, culturais e recreativos, dentro dos límites que establece a dinámica natural.
O éxito dunha estratexia de XIZC depende da aplicación, entre outros, dos siguientes principios fundamentais:
1. Adoptar unha perspectiva ampla na análise e na planificación.
2. Estar baseada no coñecemento rigoroso das condicións específicas da zona.
3. Traballar en sintonía cos procesos naturais (ppio. de Ecosystem based management).
4. Aplicar unha planificación participativa para suscitar o consenso entre os axentes de interese (“stakeholders”).
5. Acadar o apoio e a participación de toda as instancias administrativas competentes.
6. Utilizar unha combinación de instrumentos técnicos diversos: GIS, sistemas-redes de monitoreo electrónicos, etc, .
7. Adoptar decisións que non hipotequen o futuro.
En definitiva, a XIZC debe mellorar as condicións ambientais, económicas e sociais da zona costeira e o uso dos seus recursos baixo os principios de desenvolvemento sustentable e adaptar o modelo de xestión e de toma de decisións incorporando os principios sinalados.
1ª. Fase de Diagnostico inicial.
Nesta fase acométese a caracterización técnica do escenario ou espazo de xestión, o cal debe acreditar unha rigorosa e completa descrición dos tres medios a estudo: o Medio Físico, o Medio Social e o Medio Económico.
De entrada farase a definición exacta do Unidade de Xestión costeira para clarificar os seus límites xeográficos e administrativos. Para coñecer en detalle os principais aspectos a incorporar no diagnóstico remitimos a consultar o blog, onde figuran estes e outros temas que se tratan nesta fase.
https://riadevigo.wordpress.com/
2ª. Fase de Presentación á sociedade + Consulta Pública cos axentes
Procédese a establecer contacto cos principais axentes sectoriais e organizacións sociais, presentación do proxecto e recolla de opinións.
→ Divulgación pública do “proxecto de Lei” mediante campaña de comunicación: para facilitar a futura participación da sociedade e dos stakeholders, iniciase un período de actos de presentación do proxecto de Estratexia en vilas e cidades e sobretodo, nos medios de comunicación audiovisual e mesmo creando un blog de divulgación e un perfil propio nas redes sociais. Tratase de poñer o asunto no escenario socio-político e poñer os focos nel.
→ Consultas e mesas de participación con stakeholders:
– Consiste en deseñar unha estratexia de participación cidadá e de dinamización social de forma que se recollan as opinións-suxerencias-alegacións técnicas ou doutra índole provintes, por unha parte dos stakeholdes principais na Ría, e por outra dos principais actores sociais colectivos ou individualmente.
– Habilitación de web específica para esta acción.
– Exposición e xustificación aos responsables políticos e técnicos dos Concellos litorais da Ría e aos da cunca hidrográfica. Mesas de traballo.
O conxunto das aportacións e informacións obtidas nas consultas cos stakeholders, serán analizadas e consideradas na elaboración da Estratexia XIZC. Farase un informe sobre esta fase e os seus resultados, salientando as principais aportacións e consideracións sinaladas polos stakeholders e a sociedade.
Na fase seguinte procédese a redactar o conxunto do proxecto da Estratexia XIZC.
3ª. Fase de elaboración da Lei Estratexia XIZC (de Galicia) e inicio implementación.
O Parlamento Galego asumirá e aprobará a Recomendación Europea para a XIZC e da Estratexia Española, en forma de Estratexia Galega para a XIZC.
Esta incorpora os “Principios e as declaracións anteriormente indicadas.
A creacións da Axencia Litoral XIZC para o caso da Ría de Vigo debe ser considerado, entón, como Acción ou Fase Piloto a modo de sistemática da propia Estratexia que, unha vez posta en marcha e realizado as correccións pertinentes (learning by doing) , se mostre e probe a súa operatividade e, deberá ser adoptada como sistema operativo a aplicar no resto da costa galega. (período de axuste estimado: 3 anos).
Empezarase pola Ría de Vigo por ser esta a máis populosa, urbanizada, industrializada, etc, e por ser un escenario de proba dispor de case todos os usos-actividades e stakeholders máis comúns presentes na costa de Galicia, así como os elementos-factores-condicións ambientais e territoriais a considerar, facilmente extrapolables ao resto de zonas costeiras de Galicia.
Subdivídese en 2 etapas:
1ª- Convenio de Colaboración entre Xunta e Estado para definir e conducir o proceso de XIZC-Galicia, que se materializará por virtude da Lei-Estratexia XIZC, que inclúe a fase piloto na Ría de Vigo:
– Administración e organismos responsables.
Adm.Galega:Consellería do Mar; CMAIT.
Adm. Española: MARM (S.X para o Territorio e a Biodiversidade; D.X de Costas).
– Sinatura de convenio legal-político-administrativo:
Convenio que será publicado en BOE e DOGA.
Está formado por unha serie de cláusulas expositivas e clarificadoras que tratarán entre outros, os seguintes aspectos principais:
2ª. Establecer o marco político e administrativo da Lei.
– Acordo de cesión de máis competencias/competencias compartidas sobre a costa e o medio mariño, do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia: soberanía galega con supervisión concertada do estado (MARM).
– Explicitación de Administracións e organismos destas implicadas na XIZC (Administracións Galega + Española/ + Concellos en casos particulares).
– Constitución dunha Comisión Mixta de Seguemiento do Convenio:
-3 representantes de cada Administración:
– 1 representante da Delegación do Goberno federal na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Contidos.
O equipo xurídico reflictirá en formato adecuado a dereito da administración pública, todos aqueles: compromisos, competencias, funcións, obxectivos, estrutura, organigrama, Obxecto, Ámbito de aplicación, Natureza e réxime do medio costeiro e mariño, criterios de planificación, de desenvolvemento, asumidos na Estratexia XIZC-Gz,, que se estructuran no formato de Lei (Preámbulo-Exposición de motivos, Títulos sobre Regulamento, Disposicións xerais, Capítulos, Artigos…
As principais Leis e Políticas das que recolle-incorpora aspectos a Lei-Estratexia XIZC-Gz, son: Lei de Costas, Lei Protección do Medio Mariño, POL, LEI DE PESCA, Conservación da Natureza e Rede NATURA 2000, PMI-UE, Estratexia Mariña-UE, Recomendación XIZC da Comisión Europea, etc..
– Competencias:
A Estratexia é un instrumento de planificación, constituirá o marco xeral ao que deberán axustarse necesariamente as diferentes políticas sectoriais e as actuacións administrativas con incidencia no medio mariño e costeiro, de acordo co establecido na lexislación sectorial correspondente; será pública e vinculante para as administracións públicas; adopción das actuacións administrativas e disposicións normativas que se estimen necesarias para a efectividade da mesma; incluirán a avaliación do estado ambiental das augas (químico, físico, ecolóxico), a determinación do bo estado medioambiental, a fixación dos obxectivos medioambientais a conseguir, un programa de medidas para acadar eses obxectivos e un programa de seguemento.
Sistemática operativa da Lei-Estratexia XIZC Galicia.
– Acordarase iniciar unha fase piloto nunha zona determinada, para o cal se crea a Axencia Litoral XIZC – Ría de Vigo que será o órgano que na primeira etapa debe facerse cargo da implantación e coordinación da Estratexia XIZC.
Debe ser concibido como unha unidade flexible, dinámica, áxil, de natureza operativa, cun equipo de traballo dedicadas a avaliar diagnósticos sectoriais sobre o o medio natural e sobre o medio socioeconómico, procurar a colaboración para co novo modelo de xestión cooperativa.
– A operativa e protocolo ensaiado nesta ría sería a base para posteriormente (3 anos) establecer a Axencia Litoral Galega para a aplicación e coordinación da XIZC na costa de Galicia.
– A Axencia estará composta por un Comité Político-Administrativo e por un Departamento técnico (equipo xestor e técnico- “científico”).
– As principais Funcións da Axencia Litoral.
Desempeñará o seu papel en base ás competencias e o regulamento da Estratexia.
O Departamento técnico será o responsable da posta en marcha da Axencia e realizará as seguintes funcións,
-Establecer un Plan de Acción operativo da Axencia, “practicando” un protocolo de funcionamento e implementación das súas funcións.
-Establecer as Directrices para a Planificación e ordenación do medio costeiro e mariño (en base a POL , Lei pesca e lei da Natureza, planos urbanísticos): obxctivos, fitos e resultados esperados.
– Elaboración de Informes Técnicos sobre o estado do medio.
-Establecer os cauces de transferencia de coñecemento científico- técnico dos organismos científicos asesores (IEO, IIM, Intecmar, etc) para, de forma conxunta, organizar un protocolo de monitoreo de indicadores clave sobre a saúde do medio. Estes forneceran Informes periódicos sobre o estado ambiental da Ría (augas, recursos vivos, hábitats, usos na beiramar, evolución da franxa costeira, urbanismo, etc.).
-Estudar e vixiar a posible incidencia de cada actuación no ámbito global das competencias mutuas.
-Organizar las reunións periódicas del Comité Político-Administrativo y el propio Departamento técnico nas que se fai a avaliación dos informes técnicos e se determinan as Recomendacións e Medidas correctoras, a comunicar ás administracións sectoriais con competencia directa en cada materia.