1 Marco Ecoxeográfico

Descrición xeográfica xeral: a costa e a cunca hidrográfica.

A Ría de Vigo é a máis meridional das rías galegas. Englóbase dentro do arco das Rías Baixas, abertas ao oeste segundo unha dirección dominante NL-SO, unha lonxitude aproximada de 33 Km, unha superficie de 156 km2 e un volume total aproximado de 3275 Hm3 de auga. A parte externa, configurada entre a liña Cabo Home-Cies e Enseada de Baiona a sur, e a liña entre Cangas e Cabo Estai (aprox.), ábrese á influencia oceánica, e tamén recibe os aportes fluviais do Río Miñor en Baiona, sendo a de maior superficie. Na parte central en Rande, a máis estreita, só hai aprox. 640 m de separación entrambas beiras. No fondo ou cabeceira da mesma ábrese e forma a Enseada de San Simón, que vén sendo a grande bacía mariña desta ría, que recibe os aportes hídricos continentais a través dos ríos que verten as augas no seu leito, sendo o principal o Oitavén-Verduxo e os ríos de Redondela (Alvedosa, Maceiras e Pexegueiro).

 

A Ría de Vigo constitúe unha ampla área xeográfica costeira de natureza dupla (marítima e terrestre) que se estende en dirección NL-SW cunha lonxitude de 33 Km e unha superficie aprox. de 156 Km2.

En termos ecosistémicos, constitúe un complexo entramado ecolóxico mariño e litoral que posúe un amplo habano de hábitats diversos de alto valor natural: o medio mariño en si, as zonas intermareais areosas e lamacentas, as praderías de seba (fanerógama mariña) e os fondos mariños, tramos de costa rochosa con vexetación halófila, marismas e masas arbóreas autóctonas na mesma franxa da beiramar. Por outra parte, unha característica física deriva da propia orixe xeolóxica e da xeomorfoloxía das rías en xeral (base xeolóxica variada, dominando a natureza granítica e xsitosa no relevo que a conforma), que lle confiren unha estética natural propia, que mesmo figura como unha tipoloxía propia nas clasificacións tipolóxicas costeiras internacionais. Constitúe un tipo especial de tipoloxía costeira, a costa de rías, que a relaciona con costas de tramos irregular como o “fjord” noruegués, o “loch” de Escocia e Irlanda, ou a “bay” de Inglaterra; mais como xa é ben coñecido de orixe xeolóxica diferente: orixe tectónica as rías e baías, e glaciar os fiordos da península escandinava, e algún loch de Alba e Eire.

A efectos operativos, presentamos unha serie de tabelas con aspectos varios da ecoxeografía e das localidades do espazo a ensaio de xestión costeira:

DATOS BÁSICOS DA XEOGRAFÍA RÍA DE VIGO
Localización Entre as coordenadas:42º 09´- 42º 21´de latitude norte 

08º 36,8´- 08º 54´de lonxitude oeste

Lonxitude 33 Km
Orientación Norleste –Suroeste (NL – SO)
Anchura máxima 6 Km
Anchura mínima 600 m
Profundidade máxima 50 m.  na boca sur
Superficie da ría 156 km2
Superficie da bacía hidrográfica 578 Km2
Volume 3.117 Hm3
Caudal do río Oitavén-Verduxo 16 m3/s

Corpos ou masas de auga (Directiva Marco da Auga)
Augas Superficiais mariñas / Augas de transición (in Ría, Salobres-estuáricas)/ Augas costeiras
Marismas e lagoas costeiras
Augas Superficiais terrestres Ríos fluviais-ríos /Augas  superficiais muito modificadas (encoros).

Datos referidos a aspectos ecolóxicos.

TIPOLOXÍA COSTEIRA + HÁBITATS NA RÍA.
As chairas litorais intermareais: Exemplos: chaira intermareal de Vilaboa, foz do Alvedosa, foz do Val Miñor…
A costa rochosa e de cantís baixos Cabo Silleiro (Baiona), costa de Rande-Domaio (Redondela), costa de Barreiras (Cangas)…
A costa areosa:praias e dunas Melide-Barra-Nerga, Panxón-P. América, P. Ladeira-Ramallosa, O Bao, Samil, Cesantes, …
Marismas Vilaboa, Redondela, val Miñor,
A costa alterada: (por actividades humanas) frente marítimo urbano dos concellos, portos, etc..
Medio mariño a columna de auga en si
Pradeiras de cebas formacións vexetais de fanerógamas mariñas (Zostera marina e Z. noltii)

Datos referidos ás localidades: demografía, infraestruturas..

Municipios da cunca hidrográfica da Ría de Vigo Nº habitantes
Municipios costeiros Baiona 20.000
Nigrán 20.000
Vigo 300.000
Redondela 30.000
Soutomaior 15.000
Vilaboa 10.000
Pontevedra 50.000
Moaña 20.000
Municipios non costeiros Gondomar 20.000
Mos 20.000
Pazos de Borbén 5.000
Fornelos de Montes 5.000
A Lama 4.000
Pontecaldelas 10.000

Principais infraestruturas civís Administración xestora
Portuarias Baiona Portos de Galicia- CMATI- Xunta Glicia
Nigrán Portos de Galicia
Vigo Puertos del Estado – Minist. Fomento – Goberno estatal
Redondela Portos de Galicia
Soutomaior Portos de Galicia
Vilaboa Portos de Galicia
Pontevedra Portos de Galicia
Moaña Portos de Galicia
Viarias Autoestradas-autovías-vías rápidas AP-9, AG57, CG-41
Estradas N-552;  N-555; N-550, A-55; VG-20;
Ferrocarril Eixo Atlántico (Vigo-Coruña) e Vigo-Ourense RENFE – Ministerio Fomento
Outras Encoros de abastecemento de auga par consumo humano.- Eiras (Fornelos de Montes) 

– Zamáns (Vigo)

– Baiona

Cunca hidrográfica de Galicia Costa- Augas de Galicia

—–

Principais infraestruturas civís Administración xestora
Portuarias Baiona Portos de Galicia- CMATI- Xunta Glicia
Nigrán Portos de Galicia
Vigo Puertos del Estado – Minist. Fomento – Goberno estatal
Redondela Portos de Galicia
Soutomaior Portos de Galicia
Vilaboa Portos de Galicia
Pontevedra Portos de Galicia
Moaña Portos de Galicia
Viarias Autoestradas-autovías-vías rápidas AP-9, AG57, CG-41
Estradas N-552;  N-555; N-550, A-55; VG-20;
Ferrocarril Eixo Atlántico (Vigo-Coruña) e Vigo-Ourense RENFE – Ministerio Fomento
Outras Encoros de abastecemento de auga par consumo humano.- Eiras (Fornelos de Montes) 

– Zamáns (Vigo)

– Baiona

Cunca hidrográfica de Galicia Costa- Augas de Galicia

—–

O espazo de xestión: Unidade de Xestión (UX).

– Concepto de “costa” ou “litoral”: a interfaz terra-mar: Por litoral ou zona costeira enténdese “un espazo diferenciado, unha franxa de ancho variábel, resultante do contacto interactivo entre a natureza e as actividades humanas que se desenvolven en ámbitos que comparten a influencia do mar”.  Segundo esta primeira definición pódense establecer tres subsectores ou áreas claramente diferenciadas no termo litoral: a marítima, a terrestre e unha área “anfibia” ou marítima-terrestre. Existen outras definicións distintas referidas ao espazo litoral segundo o campo científico que a expoña: ecóloxía, oceanógrafía, xeóloxía, urbanismo, etc. A efectos de XIZC considérase interesante a definición que fai o organismo ambiental da ONU, a UNEP (United Nations Environment Programme -1995), e que define o litoral como unha “área de intensa actividade, de intercambio dentro e entre procesos físicos, biolóxicos, sociais, culturais e económicos”. Tamén é acaida a definición da Unión Europea (UE) (DGXI Dirección do Ambiente, 1996), que entende a  zona costeira como “un espazo tridimensional que abrangue elementos mariños, aéreos, xeolóxicos e terrestres entendidos no ámbito dos ambientes físicos e ecolóxicos, do contexto económico, do contexto administrativo (goberno) e do contexto social. O centro de interese da zona costeira é a interface entre a terra e o mar.” Como se pode percibir, no litoral converxen, por tanto, tres medios físicos distintos e determinantes da vida no planeta: a atmósfera, a hidrosfera e a litosfera. O certo é que se trata dunha zona onde interactúan medios diferenciados que acollen fenómenos naturais e humanos de distinto alcance, tanto natural como socio-económico. Isto dá idea da importancia e á vez da fraxilidade deste espazo fronteirizo entre tres sistemas tan distintos ecolóxicamente.

– “Xeografía xurídica” das áreas litorais

Segundo unha perspectiva do litoral que considera de forma global e integral aspectos físicos e xurídicos, obtense o seguinte esquema zonal no que se debe encaixar un plan de acción de XIZC:

Augas oceánicas:

Zona Económica Exclusiva (ZEE: 200 millas náuticas). Ata a isóbata dos 200 m, que representa a parte oceánica da plataforma continental. Presencia de recursos pesqueiros e incluso xeolóxicos e enerxéticos.

Augas litorais ou costeiras:

Comprenden as 12 millas náuticas do Mar Territorial e as Augas Interiores.

Dáse unha gran productividade biolóxica e posúe boa parte dos recursos vivos mariños. É unha rexión oceánica de grande importancia para o control da calidade das augas.

Espazo intermareal:

É a zona onde actúan as marés e se localizan as marismas, esteiros e outros ecosistemas de vital importancia. A amplitude desta zona varía segundo factores físicos tales que a topografía e a batimetría. É un espacio de dominio público.

A liña costeira

É aquel nivel de maré e cota cero.

Bordo litoral:

Corresponde á liña de maré viva equinocial. Representra o contacto entre a terra e o mar.

Fronte litoral:

É unha franxa relativamente estreita da parte terrestre, de límites arbitrarios segundo as lexislacións, dende os 20 aos 100 m. Acceso e propiedade públicas, servidume, seguridade fronte ás catástrofes naturais, protección da natureza, etc.

Terras litorais:

Corresponde á amplitude da chaira costeira (5 km) definida por límites tales como estructuras falladas, rupturas de pendente, topografía, etc. Aquí resólvense boa parte das actividades humanas (agricultura, infraestructura, poboacións, etc).

Terras continentais:

Constitúe unha ampla área de influencia litoral, as concas hidrográficas, onde se localizan actividades que poden influir nel, como a agricultura intensiva, a industria, asentamentos urbanos, etc. Pode aportar unha contaminación difusa a traverso das augas fluviais e subterráneas que, finalmente, rematarán no mar no mar.

Xurídica e lexislativamente, a zona costeira corresponde ao principal ámbito de actuación e protección da Dirección Xeral de Costas, onde se localiza o dominio público marítimo-terrestre. A Lei de Costas define ademais as zonas colindante, nas que se establecen certas limitacións á propiedade e unha regulamentación mínima complementaria á que dicta a Comunidade de Galicia no ámbito das súas competencias.

Segundo a definición de la Lei de Costas estas zonas de proteción son:

Zona de Dominio Público marítimo-terrestre: Comprende a ribeira do mar e das rías (as praias, dunas, etc) e a zona marítimo-terrestre (entre a liña de baixamar e a supralitoral, onde chegan as ondas nos maiores temporais coñecidos, na que se inclúen marismas, esteiros, etc.). Nesta zona a Lei garante o uso libre (de paso, de lecer, etc), público e gratuito acordes coa natureza do mar e a súa ribeira e establece as condicións nas que se poden desenvolver outros usos e ocupacións que non podan ter outra ubicación.

Zonas de servidume:

– Servidume de tránsito: é unha franxa de terreo situada a continuación da ribeira do mar, nunha anchura que vai de 6 m a 20 m Esta zona debe quedar permanentemente libre ao acceso e tránsito peonal.

– Servidume de protección: comprende unha franxa de 100 m ampliábel a 200 m, que se extende ao longo de toda a costa a partir do límite interior da beiramar. Aquí localízanse os servicios e equipamientos públicos necesarios para os usuarios da costa.

-Servidume de acceso ao mar: que afecta aos terreos colindantes ou contiguos ao Dominio Público na lonxitude e anchura precisos para asegurar o acceso e uso público de aquel.

A Lei de Costas establece a definición dunha zona de influencia que abrangue como mínimo 500 m desde o límite interior da ribeira do mar, onde se dan unhas condicións mínimas para urbanizar nesta zona, de xeito que se respete o ambiente e se protexa o litoral. Neste traballo imos considear a ordenación e xestión de usos non mar tan só no que respeita ás Augas Interiores (liñas entre cabos) da Ría, de competencia autonómica en termos de regulamento de usos e actividades na lámina de auga.

Actualmente, a nivel galego, está en vigor o Plano de Ordenación do Litoral de Galicia (POL ) que ten por obxecto (de conformidade co establecido na Lei 6/2007) establecer os criterios, principios e normas xerais para unha ordenación territorial da zona litoral baseada en criterios de perdurabilidade e sostibilidade, así como a normativa necesaria para garantir a conservación, protección e valorización das zonas costeiras.

Singularidade das áreas litorais

Por tanto, débese considerar este como un espazo complexo que precisa unha correcta planificación e xestión polas seguintes razóns:

  • Complexidade física-ecolóxica
  • Complexidade económica e productiva: é un ben anceiado socialmente
  • Complexidade xurídica-administrativa: varias administracións e figuras lexislativas confluintes no mesmo medio.

Estas características esixen un esforzo de todos os implicados para tratar de establecer, baixo os criterios destas disciplinas, unha planificación e xestión integrada que satisfaga a todas as partes, primando o interese público e colectivo.

Os tres ámbitos conceptuais: o medio físico-natural, o medio socio-económico e o medio xurídico administrativo, son ámbitos abertos, interrelacionados, de funcionamento dinámico e nos que a intervención humana sempre é perturbadora e complexa.

Os procesos que aquí ocorren son de diversa natureza: xeodinámicos, hidrodinámicos, ecodinámicos, sociolóxicos, económico-productivos, administrativos, etc. Neste exercizo abórdase o sistema litoral-mariño, polo tanto, como un todo, un continum dso tres ámbitos de xestión entre as terras costeiras da cunca hidrográica e as augas mariñas inmediatas á beiramar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s